| Venres 29 de novembro. 2024
| A partir das 16:30 h
| Casa Consistorial do Porriño (na Sala de Comunicación – Alcaldía) » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Organizan: Concellería de Igualdade e CIM Do Porriño
No marco da programación organizada pola Concellería de Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, O Porriño celebrará o próximo 29 de novembro unha xornada informativa titulada “A violencia machista: unha realidade social en pleno século XXI”. Este evento terá lugar a partir das 16:30 horas na Casa Consistorial (na Sala de Comunicación – Alcaldía) e contará coa participación de expertos en diversas áreas do eido técnico, xurídico e social.
A xornada que se enmarca baixo o lema deste ano “Elas somos todas”, ten como obxectivo sensibiliizar e ofrecer ferramentas para a prevención e erradicación da violencia de xénero, cun enfoque integral sobre os distintos mecanismos de actuación e protección dispoñibles. As ponencias, que serán impartidas por profesionais altamente cualificados, abordarán aspectos clave sobre a violencia machista.
Este evento pretende ser un punto de encontro entre profesionais e veciñanza para compartir coñecementos, experiencias e reflexións sobre como seguir avanzando na loita conta a violencia machista, concienciando á cidadanía da necesidade dun compromiso colectivo e institucional na erradicación desta lacra social.
A xornada está aberta ao público de maneira gratuíta. Convidámosvos a participar activamente deste espazo de reflexión e información.
XORNADA
A violencia machista: unha realidade social en pleno século XXI
Relatorios
- As políticas de Igualdade en aras á prevención e erradicación da violencia machista. O papel dos CIM neste eido
A cargo de: Don Roberto Barba Alvedro. Director da Dirección Xeral da Loita contra a Violencia de Xénero - O Tratamento xurídico da violencia de xénero. A Orden de Protección. A dispensa a propósito da Lei Orgánica 8/2021 do 4 de xuño
A cargo de: Don Ángel Arjona Bernáldez. Fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra - O Sistema Vioxén, dende a policía local
A cargo de: Dona Tania González Iglesias. Policía Local, do Concello do Porriño, adscrita ao sistema de Vioxén - Funcións dende a Asociación contra a Violencia Machista
A cargo de: Dona Ana Isabel García García. Responsable da Asociación Amardragoste
Moderan
- Don Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde – Presidente do Concello do Porriño - Dona Carolina González Costas
Concelleira Delegada de Igualdade