| Días 2, 5, 9, 11 e 13 de decembro. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Nas datas 2, 5, 9, 11 e 13 de decembro deste ano, e por segundo ano consecutivo, levaranse a cabo as formacións coa temática “Alimentación saudable” polos centros educativos do Porriño.
Estas formacións son impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX do Porriño no marco do Plan de Saúde Local, coa colaboración do Sergas. Levarase a cabo en todos os centros que imparten 3º de Educación Primaria e 2º da ESO.
O obxectivo xeral é a promoción da alimentación saudable e a actividade física na infancia e adolescencia; así como a redución do sobrepeso e a obesidade na poboación infantil e adolescente.
O alumnado destas formacións poderá adquirir a capacidade de elixir os alimentos correctamente e nas cantidades adecuadas, favorecendo deste modo o autocontrol da alimentación.
Ao redor de 400 alumnos/as recibirán a formación impartida durante as cinco xornadas.
Cada un dos obradoiros terá unha duración aproximada de 40 minutos e realizaranse en horario lectivo.