| Días 3, 5, 10, 12 e 19 de abril. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
A Concellería de Sanidade e a OMIX do Porriño organizan, para as datas 3, 5, 10, 12 e 19 de abril deste ano, unha serie de formacións coa temática “Alimentación saudable”, polos centros educativos do Porriño.
Estas formacións son impulsadas pola Concellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local, coa colaboración do Sergas. Levarase a cabo en todos os centros que imparten 3º de Educación Primaria, 2º da ESO.
O obxectivo xeral é a promoción da alimentación saudable e a actividade física na infancia; así como a redución do sobrepeso e a obesidade na poboación infantil.
O alumnado destas formacións poderá adquirir a capacidade de elixir os alimentos correctamente e nas cantidades adecuadas, favorecendo deste modo o autocontrol da alimentación.
Un total de 422 nenos/as recibirán a formación impartida durante as cinco xornadas.
Cada un dos obradoiros terá unha duración aproximada de 40 minutos e realizaranse en horario lectivo.
“O interese pola alimentación saudable foi en aumento nos últimos anos. Consideramos primordial dar a coñecer á nosa infancia que produtos comemos e o xeito en como a alimentación pode contribuír a mellorar o noso benestar físico e psíquico“, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.