| Días 22 de abril e 6 e 9 de maio. 2025
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
A Concellería de Sanidade e a OMIX do Porriño organizan, para as datas 22 de abril e 6 e 9 de maio deste ano, e por segundo ano consecutivo, as segundas formacións sobre educación sexual, polos centros educativos do Porriño.
Estas formacións, impulsadas pola Concellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, levarase a cabo en todos os centros que imparten 2º da ESO, do noso municipio.
Un total de 231 mozos/as recibirán a formación impartida durante as tres xornadas.
Cada un dos obradoiros terá unha duración aproximada dunha hora e realizaranse en horario lectivo.
O obxectivo xeral é difundir información específica, promover actitudes positivas cara á sexualidade e as condutas sexuais e dotar a mocidade de recursos e habilidades para afrontar situacións de risco e negociar relacións saudables, seguras e satisfactorias.
As enfermidades de transmisión sexual (ETS) continúan aumentando en España. Calquera ETS non detectada nin tratada ao seu debido tempo pode complicarse e deixar certas secuelas dependendo do tipo de bacteria ou virus que a provoque. “Proporcionar información adecuada aos mozos e mozas permitiralles tomar decisións responsables sobre a súa saúde e benestar, ademais de reducir o risco de contraer ou propagar infeccións”, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.