Xornadas formativas sobre enfermidades de transmisión sexual

| Días 23, 26 e 30 de abril. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Xornadas formativas sobre Enfermidades de transmisión sexual

Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño


A Concellería de Sanidade e a OMIX do Porriño organizan, para as datas 23, 26 e 30 de abril deste ano, unha serie de formacións sobre educación sexual, polos centros educativos do Porriño.

Estas formacións, impulsadas pola Concellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, levarase a cabo en todos os centros que imparten 2º da ESO.

O obxectivo xeral é proporcionar información específica, promover actitudes positivas cara á sexualidade e ás condutas sexuais e dotar á mocidade de recursos e habilidades para afrontar situacións de risco e negociar relacións saudables, seguras e satisfactorias.

Un total de 240 mozos/as recibirán a formación impartida durante as tres xornadas. Cada un dos obradoiros terá unha duración aproximada de hora e media e realizaranse en horario lectivo.

Lonxe de desaparecer, as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) continúan aumentando en España. Calquera ETS non detectada nin tratada ao seu debido tempo pode complicarse e deixar certas secuelas dependendo do tipo de bacteria ou virus que a provoque, polo que é fundamental informar á nosa mocidade de a que se poden enfrontar chegado o caso“, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.


Cabecera-web-ecultura.png