Xornadas igualdade, mulleres e dereitos: realidades e desafios

| Mércores 27 de maio
| De 17:00 a 19:30 h
| Salón de Plenos Municipal » ver mapa
| Require inscrición previa

Xornadas igualdade, mulleres e dereitos: realidades e desafios

Xornada 3: Desigualdade de xénero no ámbito laboral
Relator: Alejandro Pazos Pérez


O Concello do Porriño dá continuidade ao ciclo de xornadas “Igualdade, muller e dereitos: realidades e desafíos” coa celebración da súa terceira sesión, “Desigualdade de xénero no ámbito laboral” que terá lugar o 27 de maio no Salón de Plenos municipal entre as 17:00 e as 19:30 horas.

Mediante esta iniciativa o Concello do Porriño enmárcase no compromiso coa igualdade de xénero, creando espazos de concienciación nos que a cidadanía pode participar libremente. Estes encontros achegan múltiples puntos de vista que permiten afondar na desigualdade e debater sobre como afrontar os desafíos actuais nesta materia.

A participación é aberta ao público, previa inscrición, e poderá formalizarse no rexistro do Concello ou a través do correo electrónico igualdade@oporrino.org.

Con esta nova xornada, O Porriño reafirma a súa aposta por abordar cuestións clave para avanzar cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa.



Xornadas igualdade, mulleres e dereitos: realidades e desafios