| Sábado 9 de setembro. 2023
| Ás 21:00 h
| Velódromo Municipal do Porriño » ver mapa
| Acceso con entrada
Organiza: Moto Club Papaya
Concellería de Deportes
O Velódromo Municipal do Porriño acollerá o sábado, 9 de setembro, o XVI Dirt Track Xacob Agra. Como cada edición, o Motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carrera noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.
A proba desenvolverase como cada ano en eliminatorias por grupos (clasificatorias, repescas, semifinais e finais). Prevese que disputen a proba preto de 40 pilotos, 20 en adultos e outros na modalidade infantil que será exhibición, chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño. Cabe destacar que nesta edición debutará nesta disciplina o piloto local Jose Calvar.