XVII Noite do Calacú

| Sábado 5 de novembro. 2022
| A partir das 17:00 h
Barrio de San Bieito » ver mapa

XVII Noite do Calacú

Organiza: Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
Colaboran: Deputación de Pontevedra e Concello do Porriño


XVII edición da tradicional Festa do Calacú de San Bieito, unha cita que ten os seus orixes, cando menos, a mediados do século XX e que foi recuperada no ano 2004, unha celebración cunha fonda tradición porriñesa. A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, quere reivindicar a tradición galega dos calacús, fronte ao foráneo Halloween.

O sábado 5 de novembro, no barrio de San Bieito, comezarán as actividades cun obradoiro para nenas e nenos, de 17:00 a 19:00 h. Seguirán varias actividades entre as que destacan o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, Telmo e Tere, ás 19:30 h; o tradicional desfile do Gran Calacú dende o Concello ata o barrio de San Bieito, ás 20:00 h; e por último, a degustación de castañas con viño ou auga, ás 20:30 h; todo elo amenizado por unha charanga.


XVII Noite do Calacú


Cabecera-web-ecultura.png