ACTUALIZACIÓN: Adiado para o domingo 3 de novembro
| Sábado 2 Domingo 3 de novembro . 2024
| A partir das 17:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa
Organiza: Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
Colaboran: Deputación de Pontevedra e Concello do Porriño
XVIII edición da tradicional Festa do Calacú de San Bieito, unha cita que ten os seus orixes, cando menos, a mediados do século XX e que foi recuperada no ano 2004, unha celebración cunha fonda tradición porriñesa. A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, quere reivindicar a tradición galega dos calacús, fronte ao foráneo Halloween.
O sábado 2 domingo 3 de novembro (nova data) , no barrio de San Bieito, comezarán as actividades cun obradoiro para nenas e nenos, de 17:00 a 19:00 h. Seguirán varias actividades entre as que destacan o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, Merchi e Arturo, ás 19:30 h, e o tradicional desfile do Gran Calacú dende o Concello ata o barrio de San Bieito, ás 20:00 h. Ademais, a partir das 20:30 h haberá un gran magosto, chocolatada e animación, todo elo amenizado por unha charanga.