| Domingo 15 de novembro. 2026
| A partir das 11:00 h
| Centro Cultural de Pontellas » ver mapa

Organiza: Asociación Cultural de Pontellas
Colaboran: Deputación de Pontevedra, Concello do Porriño e Comunidade de Montes de Pontellas
A parroquia de Pontellas prepárase para celebrar unha nova edición da súa tradicional Festa da Zorza, que terá lugar o vindeiro domingo 15 de novembro a partir das 11:00 horas no recinto da Asociación do Centro Cultural de Pontellas.
A zorza será a gran protagonista desta xornada gastronómica, na que veciños e visitantes poderán degustar este prato típico da cociña galega a prezos populares. Cada ración incluirá zorza, pan, viño e unha cunca de barro de agasallo. As racións serviranse ata esgotar existencias.
A música tradicional galega tamén terá un papel destacado na celebración, coas actuacións do Grupo de Gaitas Nordesía, as Cantareiras Vaicheboa e a Rondalla de Pontellas, que contribuirán a crear un ambiente festivo ao longo da xornada.

