XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas

| Sábado 13 de abril. 2024
| De 10:00 a 20:00 h
| Distintas localizacións

XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas

Organizan: Concello do Porriño, Agrupación Apícola de Galicia e Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra.


A Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo sexta edición cun extenso e ambicioso programa de actividades dirixidas tanto aos maiores coma os cativos da casa. Organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, xunto coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño, este evento constitúe un importante encontro cos mellores profesionais do sector e unha cita indispensable para todas aquelas persoas versadas ou afeccionadas ao fermoso mundo das abellas.

A apertura da feira terá lugar este sábado 13 de abril, ás 10:00 h, cun programa cheo de actividades que se estenderán ata última hora da tarde. As Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura emprazaranse nunha carpa situada na Praza do Cristo, entre as 10:00 h e as 19:30 h. Case o mesmo horario no que permanecerá activo o mercado de artesanía Bee Happy Market e a Feira do Mel, concretamente de 10.30 h a 20.00 h. A asistencia a calquera das actividades é totalmente de balde.


Contos do Mel de Galicia. Os nenos e o Mel de Galicia

Venres 12 de abril á mañá
Centro Cultural Municipal Praza Arquitecto Antonio Palacios
Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

O Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia, achegarán aos nenos o fermoso mundo da apicultura e todos os beneficios que nos aportan as abellas. Ademais, poderán participar nunha degustación comentada.


Roteiro de petiscos

Venres 12 e sábado 13 de abril
Establecementos hostaleiros da vila

Desfruta dos distintos petiscos que os establecementos hostaleiros da vila preparan para celebrar Feira Apícola.

Máis info sobre o Roteiro de Petiscos [ + info ]


Xornadas Internacionais de Apicultura

Sábado 13 de abril, de 10:00 a 19:30 h
Praza do Cristo

As Xornadas Internacionais de Apicultura contarán con profesionais altamente cualificados para abordar as temáticas que máis preocupan ao sector, vencelladas coa saúde das abellas, o futuro da colmea e incluso da propia apicultura.

  • Ás 10:00 h: Apertura da Feira.
  • Ás 10:05 h: Abelleiro europeo. Unha realidade no control da Vespa velutina.
    Relator: D. José Manuel Fernández. Ornitólogo e investigador na Universidade de Alcalá de Henares (Madrid).
  • Ás 11:00 h: Retos e perspectivas da investigación apícola en Galicia.
    Relatora: Dra. Carmen Seijo Coello. Catedrática e investigadora da Facultade de Ciencias de Ourense, Universidade de Vigo.
  • Ás 12:00 h: Varroa destructor: danos ás abellas e control.
    Relator: Dr. Ernesto Guzmán Novoa. Entomólogo e veterinario, Director do Centro de Investigacións en Abellas, Universidade de Guelph (Ontario-Canadá).
  • Ás 14:05 h: Descanso Xantar.
  • Ás 17:30 h: Impacto da produción de própole na rendibilidade da explotación apícola.
    Relatora: Dna. Sandra Barbosa. CITAB, Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (Portugal).
  • Ás 18:30 h: Mellora da sustentabilidade apícola mediante o uso das novas tecnoloxías e a conservación da abella local, Grupo Operativo SOST APÍCOLA.
    Relatora: Dra. Ana Diéguez Antón · nvestigadora da Facultade de Ciencias de Ourense, Universidade de Vigo.
  • Ás 19:00 h: A importancia da conservación da abella local en Galicia. Queres participar no Grupo Operativo PANEGA coa túa explotación?.
    Relator: D. Rubén Fernández · Biólogo e apicultor profesional, Agrupación Apícola de Galicia.
  • Ás 19:30 h: Clausura.

Bee Happy Market e a Feira do Mel

Sábado 13 de abril, de 10:30 a 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Mel e artesanía volverán a darse cita no Porriño da man do mercado máis apetitoso. Os amantes do ouro doce da natureza, o bo comer e os produtos artesanais, teñen unha cita ineludible co Bee Happy Market que dará comezo ás 10.30 h e pechará ás 20.00 h.


Obradoiros infantís Bee Happy Market

Sábado 13 de abril, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios
De balde • Ata completar aforo • A partir de 1 ano de idade

Os máis cativos aprenderán e desfrutarán con diversas actividades de temática apícola.


Unha viaxe sensorial a través dos meles con IXP e DOP

Sábado 13 de abril, ás 12:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios
De balde • Máximo 40 persoas • Para todas as idades

Unha oportunidade para descubrir todos os matices do mel, a través dunha cata comentada das diferentes variedades pertencentes á IXP Mel de Galicia e á DOP Miel de la Alcarria.

Relatoras: Dna. Beatriz Ríos Cebreiros (Técnica e formadora do Panel de Cata da IXP Mel de Galicia) e Dna. Amelia V. González Porto (Dir.ª do Laboratorio de Produtos da Colmea, CIAPA-IRIAF).


Cata de Queixos premiados nas Catas de Galicia 2023

Sábado 13 de abril, ás 17:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios
De balde • Ata esgotar existencias • Para todas as idades

Poderemos desfrutar dunha cata comentada dos diferentes queixos galegos con DOP, gañadores nas Catas de Queixos de Galicia 2023.

Relatora: Dna. Salomé Beiroa Fernández, catadora do Panel de Cata da Xunta de Galicia.


Obradoiro de elaboración de portamerendas

Sábado 13 de abril, ás 18:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios
De balde • Ata completar aforo • Idades de 3 a 12 anos

Aprenderemos a elaborar portamerendas con cera de abella e teas.


XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas


Cabecera-web-ecultura.png