Concerto infantil: “A fiestra dos soños”, do Grupo Trotaventos

| Venres 07 de setembro. 2018
| Ás 19:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
| Patrocina: Deputación de Pontevedra

Concerto infantil: “A fiestra dos soños”, do Grupo Trotaventos

Concerto para a infancia a cargo do grupo Trotaventos.

A fiestra dos soños é un concerto non para pequenas nin para adultas, simplemente para soñadoras. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

Musicalmente, o que se busca é o mesmo que no conxunto da obra. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade, etc. cunha liña que bebe das músicas populares do mundo e que atravesa cada un dos temas para darlle unidade, e cunhas melodías de gusto exquisito que xunto cos textos converten as pezas en idóneas para o pracer de grandes e pequenos.

A parte literaria componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza, presentada dunha maneira aparentemente sinxela e pretendidamente asumible pero sen fuxir da metáfora e, sobre todo, sen menosprezar a intelixencia dos nenos e das nenas. Preténdese pois pintar, máis que narrar, imaxes (escenas / historias / soños), tinguidas de bo gusto, cun enfoque moderno, por veces humorístico e sempre cunhas sutís e entrañables pinceladas de maxia.


Concerto infantil: “A fiestra dos soños”, do Grupo Trotaventos


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png