Programación cultural. Marzo 2024

Programación cultural. Marzo 2024. Concello do Porriño


Teatro: Pingas [ + info ]

5 obras de microteatro para celebrar o 29º aniversario da compañía Fontevella Teatro
Sábado 2 de marzo • Ás 20:00 h • Centro Cultural Municipal • Entrada libre e de balde ata completar prazas


Charla informativa sobre o Documento de Inscricións Previas. Deixa constancia da túa vontade [ + info ]

Organiza: Centro de Saúde do Porriño / Colabora: Concello do Concello
Xoves 7 de marzo • Ás 19:00 h • Centro Cultural Municipal • Entrada libre e de balde ata completar prazas


Actividades polo Día Internacional da Muller. 8M 2024 [ + info ]

Organiza: Concellería de Igualdade
Venres 8 de marzo


ACTUALIZACIÓN: adiada para os días 15 e 16 de marzo, por previsión meteorolóxica adversa
Merca na Rúa. XXIX Feira de Oportunidades [ + info ]

Organizan: ACIPOR e Morea
Colaboran: Xunta de Galicia e Concello do Porriño

  • Sábado 9 Venres 15 de marzo: de 10:00 a 21:00 h • Rúa peonil
  • Domingo 10 Sábado 16 de marzo: de 10:00 a 14:00 h • Rúa peonil

2º Xornada. Acompañando na aventura de crecer (3º edición): Visión e atención [ + info ]

Relatora: Blanca Olmedo García-Señoráns
Organiza: Biblioteca Municipal

Venres 15 de marzo (2ª xornada) • Centro Cultural Municipal

  • Obradoiro: ás 16:30 h • Require inscrición previa
  • Conferencia: ás 18:30 h • Entrada libre e de balde ata completar prazas


Sábado 16 de marzo. Entroido 2024
(nova data)


Animación de rúa

Charanga SDK e Charanga Imperiais
Sábado 16 de marzo • De 12:00 a 14:00 h • Rúas da vila


Concerto: La Patrulla [ + info ]

Sábado 16 de marzo • Ás 12:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Pregón do Entroido 2024 [ + info ]

A cargo dos usuarios/as de Afaga Alzheimer
Sábado 16 de marzo • Ás 13:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Xantar popular de Entroido

Sábado 16 de marzo • Ás 14:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios


80º Xogo da Ola

Ameniza: Charanga Imperiais
Sábado 16 de marzo • Ás 16:00 h • Rúa Xogo da Ola


Animación de rúa

Charanga Imperiais, Charanga SDK, Charanga Noroeste, Charanga Vai de Baile, xigantes e cabezudos
Sábado 16 de marzo • De 16:30 a 18:00 h • Rúas da vila


Desfile de Comparsas Entroido 2024 [ + info ]

Amenizan: Charanga SDK, Charanga Noroeste, Charanga Vai de Baile e Latexo Percusión
Sábado 16 de marzo • Ás 17:30 h • Rúas da vila (dende o cruzamento do IES Pino Manso)


Concerto: Los Coleguitas [ + info ]

Sábado 16 de marzo • Ao rematar o desfile


Domingo 17 de marzo. Entroido 2024
(nova data)


Concerto: Gin Tonic´s [ + info ]

Domingo 17 de marzo • Ás 12:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Velorio da Sardiña

Domingo 17 de marzo • Ás 17:00 h • Círculo Recreativo Cultural • Entrada libre e de balde


Acompañamento da Sardiña polas rúas da vila

Amenizan: Charanga Fanfarria e Charanga Noroeste
Domingo 17 de marzo • Ás 18:00 h • Saída e chegada na praza Arquitecto Antonio Palacios


Lectura do Testamento da Sardiña

Domingo 17 de marzo • Ás 19:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios


Pasarrúas “Lume” [ + info ]

Compañía: Troula Animación
Domingo 17 de marzo • Ao rematar a lectura do testamento da Sardiña • Rúas da vila


Acompañamento da Sardiña ao río Louro

Amenizan: As Prañideiras, Charanga Fanfarria Farruxa e Charanga Noroeste
Domingo 17 de marzo



MÁIS EN MARZO


Mostra da Camelia. X Edición [ + info ]

Organiza: AA.VV. San Salvador de Torneiros
Colabora: Concello do Porriño
Sábado 23 e domingo 24 de marzo • AA.VV. San Salvador de Torneiros

  • Inauguración o sábado ás 13:00 h
  • Sábado 23: apertura ao público, de 16:00 a 21:00 h
  • Domingo 24: apertura ao público, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h

Campamento infantil de Semana Santa [ + info ]

Organizan: Concellería de Igualdade
Días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril • De 8:30 a 14:00 h • Inscricións dende o luns 18 de marzo ás 9:00 h, ata o venres 22 de marzo ás 9:00 h. On-line na sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello



ACTOS RELIXIOSOS DE SEMANA SANTA


Bendición dos Ramos en San Bieito

24 de marzo. Domingo de Ramos • Ás 12:00 h


Procesión do Encontro

Acompañada pola Banda da Escola Municipal de Música do Porriño
28 de marzo. Xoves Santo • Ás 19:45 h


Procesión do Santo Enterro

Acompañada pola Banda de Música de Arcade
29 de marzo. Venres Santo • Ás 19:45 h



ACTIVIDADES CONCERTADAS COS CENTROS DE ENSINO DO PORRIÑO


Obradoiro de hixiene oral [ + info ]

Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Días 6, 11, 18 e 21 de marzo • Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño


Día Mundial da Auga 2024 [ + info ]

Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
Venres 22 de marzo • De 10:30 a 12:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios, en caso de choiva no Pavillón Municipal dos Deportes • Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño


BOTÓN CALENDARIO

REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS

REXISTRO ARTISTAS LOCAIS

BOTÓN DESCARGAS


VOLVER AO INICIO ]


Cabecera-web-ecultura.png