Día Internacional da Muller e a Nena da Ciencia: Iniciativas e lecturas

| Xoves 11 de febreiro. 2021
Biblioteca Municipal » ver mapa


O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha festividade declarada pola ONU coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais, lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

A Biblioteca e a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño súmanse a esta celebración co obxectivo de difundir a labor científica das mulleres e fomentar a vocación científica nas nenas e adolescentes da nosa comunidade. Para iso ofrecemos información sobre as iniciativas existentes neste ámbito, e unha serie de lecturas infantís que seleccionan da súa colección dixital para inspirar ás nenas da nosa comunidade, todas elas accesibles a través da plataforma de ebooks, GaliciaLe. E con enlace directo para que as poidades ler en streaming ou descargar.

Toda a información dispoñible na web da Biblioteca Municipal.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<



Cabecera-web-ecultura.png