Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Proxección do filme: “Figuras ocultas”

EVENTO ADIADO, ATENDENDO ÁS LIMITACIÓNS IMPOSTAS POLA XUNTA DE GALICIA FRONTE Á PROPAGACIÓN DA COVID-19

| Xoves 11 de febreiro. 2021>
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscrición do 1 ao 10 de febreiro, a través do correo: cultura@oporrino.org


O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e dende a Concellería de Igualdade queremos reivindicar hoxe e todos os días do ano o papel destacado das mulleres no ámbito científico, así como denunciar a invisibilización que sufrimos.

A presenza de mulleres que son nomeadas ou citadas nos libros de texto do ensino secundario non supera o 12,7%. Desde os libros do instituto ata os traballos da universidade, as estudantes non contamos con referentes femininos.

No ano 1993, a historiadora Margaret W. Rossiter acuñaba o termo “efecto Matilda” para referirse á tendencia a menosprezar os logros científicos realizados por mulleres e atribuír o seu traballo aos homes. Isto é unha constante na nosa historia, con exemplos como os de Trotula de Salerno, Rosalind Franklin, Chien-Shiung Wu, Marthe Gautier… Nomes que probablemente non nos soen, mentres si que o fan o de homes que recibiron o mérito polo seu traballo.

Fronte a isto, queremos reivindicar o nome de mulleres galegas que fixeron importantes contribucións científicas e son silenciadas: María Wonenburger, Jimena e Elisa Fernández de la Vega, Celia Brañas, Ángela Ruíz Robles, Ángeles Alvariño…

Dende o Concello do Porriño, homenaxeamos neste día a estas mulleres e outras moitas máis, que se rebelaron e rebelan contra a sociedade patriarcal. Desde as institucións loitamos para que se dea a coñecer e recoñecer o mundo das mulleres científicas.


Incricións para a asistencia á proxección

Desde o luns 1 de febreiro ao 10 de febreiro, ás 00:00h, as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@oporrino.org, co asunto “Figuras ocultas” e indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira, e así levar control do aforamento e da seguridade sanitaria no caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Figuras ocultas

Título orixinal: Hidden Figures
Ano: 2016
Duración: 127 min.
País: EE.UU.
Director: Theodore Melfi
Guion: Allison Schroeder (Libro: Margot Lee Shetterly)
Música: Benjamin Wallfisch, Pharrell Williams, Hans Zimmer
Fotografía: Mandy Walker
Interpretación: Taraji P. Henson, Octavia Spencer, Janelle Monáe, Kevin Costner, Jim Parsons, Mahershala Ali, Kirsten Dunst, Glen Powell, Rhoda Griffis, Ariana Neal, Maria Howell, Alkoya Brunson, Jaiden Kaine, Wilbur Fitzgerald, Saniyya Sidney, Bob Jennings, Lidya Jewett, Ron Clinton Smith, Aldis Hodge
Produtoras: Levantine Films, Chernin Entertainment, Fox 2000 Pictures
Xénero: Drama


Sinopse:
Narra a historia nunca contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA ao comezo dos anos sesenta no ambicioso proxecto de poñer en órbita ao astronauta John Glenn, en plena carreira espacial, e na metade da loita polos dereitos civís da comunidade negra estadounidenses.

Figuras ocultas” inscríbese na liña iniciada por Steven Spielberg en “El color púrpura” (1985) e tamén películas máis recentes como “Criadas y señoras” (Tate Taylor, 2011): que son adaptacións de best sellers de carácter autobiográfico e espírito feminista que intentan poñer de manifesto as inxustizas ás que estiveron sometidas as súas protagonistas, e ao mesmo tempo establécese una crítica social sobre a exclusión e o racismo.



Protagonistas reais


Katherine Coleman Goble Johnson
(26 de agosto do1918 – 24 de febreiro do 2020)

Katherine Coleman Goble Johnson

Física, científica espacial e matemática estadounidense que contribuíu á aeronáutica dos Estados Unidos e aos seus programas espaciais coas primeiras aplicacións de ordenadores electrónicos dixitais na NASA. Coñecida pola súa precisión na navegación astronómica, calculou a traxectoria do Proxecto Mercury e o do voo Apollo 11 á Lúa en 1969.

En 1938, Coleman Goble Johnson foi a primeira muller afroamericana en acabar coa segregación na Universidade de West Virginia en Morgantown. Foi unha das tres estudantes afroamericanas e a única muller, seleccionada para estudos de posgrao despois da sentenza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso Missouri ex rel. Gaines v. Canadá.

O impacto de Coleman Goble Johnson como pioneira en ciencia espacial e computación reflíctese nos premios que recibiu e na cantidade de veces que foi presentada como exemplo para a sociedade.

O 16 de novembro de 2015, o presidente Barack Obama incluíu a Johnson nunha lista de 17 estadounidenses merecedores da Medalla presidencial da liberdade en 2015, ca que foi premiada o 24 de novembro de 2015 e nomeada como unha muller afroamericana pioneira en STEM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.


Dorothy Johnson Vaughan
(20 de setembro do 1910 – 10 de novembro do 2008)

Dorothy Johnson Vaughan

Foi unha matemática afroamericana que traballou na NASA (National Advisory sommittee for Aeronautics), onde destacou nos distintos grupos nos que traballou como o West Computing, na División de Análise e en Computación, facéndose unha experta na linguaxe de programación FORTRAN e no proxecto para lanzar satélites ao espazo SCOUT, ata a súa xubilación da NASA en 1971.

Foi a primeira supervisora e Xerente afroamericana da NASA.

Durante a súa traxectoria, Vaughan non só foi unha respectada matemática, senón tamén a primeira persoa afroamericana en ascender ao posto de xerente na NACA e máis tarde na NASA. Na súa última década na NASA, traballou moito con Katherine Johnson e Mary Jackson no seu grupo de calculistas afroamericanas, posteriormenteforon trasladadas para traballar nas ecuacións para poñer en órbita ao astronauta John Glenn. NASA en 1971.


Mary Winston Jackson
(9 de abril do 1921 – 11 de febreiro do 2005)

Mary Winston Jackson

Foi unha matemática e enxeñeira aeroespacial estadounidense, que traballou para o Comité Asesor Nacional de Aeronáutica (NACA), hoxe en día a NASA. Traballou no Langley Research Center durante a maior parte da súa vida, comezando como calculista na división de cálculo Area Oeste e despois foi a primeira enxeñeira negra da NASA.

Despois de 34 anos na NASA, Jackson alcanzou o posto máis alto posible sendo enxeñeira, e entou soubon que non podería ascender máis, sen ser antes supervisor. Chegado a este punto, decidiu aceptar unha degradación para converterse en Directora de 2 programas ao mesmo tempo: o Programa Federal para Mulleres na Oficina de Igualdade de Oportunidades e o Programa de Acción Afirmativa. Nestes cargos traballou para influír na contratación e promoción de mulleres na NASA, en ciencias, enxeñería e matemáticas.

Mary Jackson comezou a súa carreira de enxeñeiro nun momento en que as enxeñeiras eran unha rareza. Durante case dúas décadas desenvolveu unha carreira de enxeñaría moi produtiva, escribindo máis dunha ducia de informes técnicos para a NASA.

E comolle foi moi difícil, quería axudar a outras mulleres para que tivesen opcións de promocións e ascensos, dentro dun mundo patriarcal. Aconsellou ás mulleres para que puidesen cambiar os seus graos en matemáticas por enxeñeiras como ela mesma fixera. Mary seguiu traballando na NASA ata a súa xubilación en 1985.

Esta gran muller demostrou que querer é poder.



Cabecera-web-ecultura.png