NOVA INCORPORACIÓN AO PROGRAMA DO NADAL
| Xoves 30 de decembro. 2021
| Ás 18:00 h
| Auditorio do Centro Cultural Municipal » ver mapa
Un espectáculo da compañía Rilo&Penadique. Promovido pola Rede de Dinamización Lingüística
Non hai nada máis parecido ao Nadal que reunirse a escoitar contos, quererse, comer e fartarse de historias e de música! Como facían aquelas dúas velliñas que vivían xuntas, comían xuntas, durmían e soñaban xuntas… Ou aquela avoa que quería pasar o Nadal coas súas tres netas, pero deulle por facer pan con mel e… Ui!, e cando tocan as 12 na noite de fin de ano e chega o Paporco…
Rilo&Penadique tráennos un feixe de historias para toda a familia, contos para quererse, xuntarse e divertirse son o alimento do Nadal. Iso e os cantos, que nunca falten! Tedes fame?