III Xuntanza Literaria

ACTUALIZACIÓN: cambio de data por previsión meteorolóxica adversa

| Venres 26 de abril Venres 10 de maio. 2024
| A partir das 10:30 h
Parque Alba de Torneiros » ver mapa
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

III Xuntanza Literaria

Organizan: coordinadores/as das bibliotecas dos centros educativos
Colaboran: Concellería de Educación, Servizo de Normalización lingüística e OMIX do Porriño


Desde a Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño continuamos apostando por proxectos innovadores para difundir a lingua e cultura galegas entre a nosa comunidade educativa.

Tras o éxito do ano pasado, a celebración desta III Xuntanza Literaria dará lugar a unha xornada de convivencia e fomento e animación á lectura, favorecendo a inclusión coa participación dos centros educativos do Porriño, ACEESCA, o Centro de Día de Torneiros e a Asociación AFAGA. Intentaremos facelo dun xeito lúdico e utilizando a contorna natural que nos ofrece a parroquia de Torneiros.

O programa para este día está organizado polos/as coordinadores/as das bibliotecas dos centros escolares, coas que o Concello do Porriño colabora.

Os centros participantes nesta III Xuntanza Literaria son o CPR Santo Tomás, IES Pino Manso, Aceesca, CEIPP Fernández López, CPR Hermanos Quiroga, CEIPP Antonio Palacios, IES Ribeira do Louro, CEIP da Cruz-Budiño, CEIPP de Atios, o Centro de Día de Torneiros, a Asociación Afaga e o CEIPP da Ribeira.

Abordaranse os seguintes contidos:

  1. Fomentar o gusto pola lectura en lingua galega, a través da lectura individual e colectiva de varios fragmentos de obras galegas por parte dos grupos participantes.
  2. Estas expresións literarias, vense reforzadas, tamén, coa música (outra forma de expresión literaria) que serve para expresar determinados sentimentos e emocións dunha forma máis lúdica e divertida. Da man, outro ano máis, de Xoán Curiel, con dous artistas máis en escena, ofrecerase un concerto interactivo de 50 minutos ao estilo dunha representación teatral; no que pequenos, mozos e maiores, non serán simples espectadores/as senón que participarán desta actividade lúdica e cultural mediante coros e xogos e sempre empregando a lingua galega como ferramenta de traballo.

Desde o Concello e os departamentos de biblioteca dos centros participantes, perseguimos alcanzar coa realización da edición deste ano, entre outros os seguintes obxectivos:

  • Promover o uso da lingua galega entre a infancia, a mocidade e a terceira idade.
  • Promover a lectura en lingua galega entre a infancia, a mocidade e a terceira idade.
  • Motivar a participación activa da mocidade en proxectos creativos que fagan uso da lingua galega.
  • Favorecer a inclusión das persoas con diversidade intelectual e funcional.
  • Favorecer a inclusión de persoas da terceira idade en actividades nas que participe a infancia e a mocidade.
  • Promover a transmisión cultural interxeracional.
  • Dignificar a lingua galega e achegala á comunidade e a grupos da terceira idade a través da literatura e da música.
  • Promover a socialización en lingua galega dos distintos grupos de persoas participantes.
  • Promover e darlle visibilidade ás actividades a prol da lingua galega, mediante a súa publicación nas redes sociais, páxinas web institucionais e noutros medios de comunicación e difusión.

Programa

  • Ás 10:30 h: chegada ao parque Alba
  • De 10:30 a 11:30 h: lectura intercentros
  • De 11:30 a 12:00 h: merenda
  • De 12:30 a 13:00 h: actuación e clausura

III Xuntanza Literaria

III Xuntanza Literaria


Servizo de Normalizacion Lingüística do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png