Animación infantil. Laboratorio Máxico

| 16 de xuño. 2016
| Ás 20:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño » ver mapa

Un espectáculo de Mundo Mandarina. A través das desventuras do seu paxaro Rigoberto, Mandarina dá a coñecer aos nenos e nenas, algúns dos problemas ambientais que aínda nos quedan por resolver. Con axuda da maxia e dos meniños e meniñas atoparán solucións para devolverlle o sorriso a Rigoberto.

Un espectáculo de clown onde a improvisación e a participación dos nenos e os seus pais xoga un papel esencial, xa que Mandarina interactúa co público dunha maneira áxil e divertida, realizando con precisión unha serie de rutinas máxicas para facer aparecer albóndegas, chocolates, ratos e ata un televisor, entre outras cousas.

Mandarina é Laura Muñoz.

Desde pequena, con só catro anos, xa actuaba en canta festa familiar houbese, interpretando diferentes personaxes e máis tarde creando os seus propios números que mostraba onde podía, festas escolares, reunións, etc. Contra vento e marea, en oposición aos mandatos familiares, decidiu facerse actriz.

No ano 1996 ingresou como actriz na Escola Municipal de Arte Dramática de Bos Aires, alí tivoa sorte de dar con bos mestres e estudou os grandes clásicos do teatro á vez que participaba en diversas obras do basto teatro underground porteño, así comezaba os seus primeiros pasos como actriz de teatro serio.

Info extraída da páxina web de Mundo Mandarina » ligazón externa

 


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png