Feira de Abril

| Domingo 28 de abril. 2024
| A partir das 18:00 h
Praza do Cristo » ver mapa

Feira de Abril

O parque do Cristo converterase o domingo 28 de abril nun pequeno recuncho de Andalucía. Así, a partir das 18:00 horas arrincará o espectáculo, no que participarán o grupo rociero Andalu-sí e o grupo de baile Pasión Flamenca.

O grupo rociero Andalu-sí está composto por Alex Márquez á voz, Lito González á percusión e á voz e Juan Zamudio á guitarra e á voz. Andalu-sí son tamén compoñentes e excomponentes do coro rociero da Casa de Andalucía de Vigo, onde desenvolveron gran parte da súa actividade musical, actuando por toda Galicia e principalmente na cidade de Vigo. Resulta moi habitual poder seguilos por bares, tabernas e feiras locais.

Os seus temas están exclusivamente dedicados á música popular andaluza (flamenco, sevillanas e rumbas e salves), aínda que tamén lles apaixonan as cantigas de taberna e outras cancións populares galegas, que aos poucos van introducindo no seu repertorio.

A cita contará tamén coa elegancia e forza de “Pasión flamenca”, un grupo dirixido por Silvia Moreno, con moita experiencia no mundo do flamenco, que destaca pola súa alegría e carácter interxeracional.


Feira de Abril


Cabecera-web-ecultura.png