Celebración do Día da Danza 2024. Studio 57

ACTUALIZACIÓN: cambio de data por previsión meteorolóxica adversa

| Sábado 27 de abril Sábado 11 de maio (nova data). 2024
| Ás 18:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Celebración do Día da Danza 2024. Studio 57

Celebración do día Internacional da Danza 2024. Studio 57


En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.


JEAN-GEORGES NOVERRE

Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727. Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, de aí que sexa considerado o creador do ballet moderno.

Debutou ante a corte de Luís XV en Fontainebleau en 1742, logo sería invitado polo príncipe de Prusia a Berlín. Ao regresar a París, uniríase ao ballet da Opéra-Comique e despois iría a Estrasburgo e Lyon, onde bailaría ata 1794.

En 1754 compuxo a coreografía do seu primeiro ballet Fêteschinoises (Os festivais chineses). Máis tarde sería profesor de danza na corte de Marie Antoinette e mestre do ballet da Ópera. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.


Cabecera-web-ecultura.png