Baile deportivo e Hip Hop

| 2 de outubro. 2016
| Apertura de portas ás 11:30 h.
Pavillón Polideportivo Municipal » ver mapa

Trofeo Festas do Cristo do Porriño de Baile Deportivo

O domingo, día 2 de outubro, a partir das 12:30 h. e ata as 19:30 horas, 90 parellas procedentes de toda España e do norte de Portugal, competirán no Pavillón Municipal  polo III Trofeo Festas do Cristo do Porriño de Baile Deportivo.

A competición é pontoabel para o Ranking Nacional da FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) nas modalidades de Standard (Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep) e Latinos (Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodoble e Jive). Entre os participantes destaca a presenza dos campións de España Standard, Adrián Esperón e Patricia Martínez, un dos máis destacados especialistas nesta modalidade deportiva.

O trofeo está organizado polo Clube de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia e conta coa colaboración do Concello do Porriño. As entradas terán un prezo de 6 €; no caso dos maiores de 65 anos, 4 €; mentres que as rapazas e rapaces menores de 12 anos entrarán de balde.

A organización recomenda ao público que acuda dende as 4 da tarde se quere presenciar as categorías máis espectaculares, a esa hora empeza o Open Internacional, as categorías infantís e as exhibicións de Hip Hop.

Hai que lembrar que O Porriño conta cunha Escola Municipal de Baile Deportivo que inicia as actividades o próximo xoves 6 de outubro, no ximnasio do Pavillón Municipal.


Táboa de horarios en PDF » click aquí

horarios-trofeo-baile


Cabecera-web-ecultura.png