Inscricións para o I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios

| Sábado 15 de xuño. 2024
| Inscricións ata o 10 de xuño. 2024
| Rexistro xeral ou sede electrónica do Concello do Porriño

I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios

O Concello do Porriño convoca o seu I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial do Concello do Porriño, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios, que terá lugar o día 15 xuño de 2024 no Porriño.

As presentes bases rexerán a participación e concesión de premios para aquelas persoas que se presenten ao concurso Pintando a Palacios.


Botón descarga as bases do concurso

Botón descarga anexo inscrición adultos

Botón descarga anexo inscrición menores


Participantes

As persoas interesadas poderán participar nas seguintes categorías:

  • Adultos/as: persoas nacidas en 2006 ou con anterioridade.
  • Mocidade: persoas nacidas entre os anos 2007 e 2010.
  • Alevín: persoas nacidas entre os anos 2011 e 2016.
  • Infantil: persoas nacidas entre os anos 2017 e 2021.

Inscricións e prazo

As inscricións poderán presentarse de xeito presencial no rexistro xeral do Concello do Porriño (de luns a venres de 9h a 14h) ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante impreso normalizado que se poderá descargar da web ecultura.net ou solicitalo presencialmente no Centro Cultural Municipal do Porriño.

Achegarase a seguinte documentación:

  • A solicitude de inscrición, que figura como ANEXO I para adulto/a ou ANEXO II menor de idade, debidamente cuberta e asinada.

O prazo de inscrición será dende o día seguinte á publicación das bases no taboleiro de anuncios municipal ata o luns 10 de xuño de 2024 ás 14h, ambos os dous incluídos.


Características

  • TEMA: O Porriño. Centro urbano.
  • TÉCNICA: as persoas participantes poderán empregar a técnica que consideren (óleo acuarela, carbón, lapis etc.) e deberán achegar todo o material necesario para a realización do seu traballo.
  • TAMAÑO: máximo de 100×100 cm.
  • OBRA: as obras realizaranse ao aire libre o mesmo día do concurso, unha vez seladas e ata as 17:30 h (as obras que sexan entregadas despois desa hora quedarán fóra do concurso).

Procederase ao selado dos soportes das obras ás 9:30h no salón de plenos do Concello do Porriño, rúa Antonio Palacios nº1, 36400, e non se admitirá a participación daquelas persoas que ás 11:00 h non teñan o soporte selado.

As obras serán realizadas in situ, exclusivamente dentro do recinto da vila, e non se admitirá pintar mediante o emprego de fotografías, temas dixitais ou imaxinarios.

Todas as obras, xa sexan en papel, táboa ou lenzo, se presentarán sen asinar, e procederase á sinatura das obras premiadas tras a decisión do xurado.

As persoas participantes faranse responsables da recollida de calquera residuo que xeren durante o desenvolvemento do concurso.


Xurado

O xurado estará constituído por un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, composto por unha serie de membros en número impar.

Este estará composto por distintas persoas vinculadas coas artes plásticas.

Veredicto do xurado
O veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse o mesmo día do concurso, ás 19:00 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Emitido o veredicto e realizada a entrega de premios, as obras non premiadas poderán ser retiradas polos/as autores/as.

Valoración do xurado
Na valoración do xurado teranse en conta os seguintes criterios:

  • Acabado e limpeza do traballo.
  • Manexo da cor ou da técnica creativa.
  • Creatividade e orixinalidade.
  • Composición e mensaxe.

Premios

Os premios establecidos pola organización son os seguintes:

  • PERSOAS ADULTAS:
    1º Premio: 1.500,00 €
    2º Premio: 1.000,00 €
    3º Premio: 500,00 €
  • MOCIDADE, ALEVÍN E INFANTIL:
    Establécense 3 categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para
    cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en diferentes lotes de
    material escolar:

    1. Mocidade
      a. Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€.
      b. Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€.
      c. Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€.
    2. Alevín
      a. Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€.
      b. Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€.
      c. Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€.
    3. Infantil
      a. Primeiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 75€.
      b. Segundo premio baseado nun lote de material escolar valorado en 60€.
      c. Terceiro premio baseado nun lote de material escolar valorado en 50€.

Os premios poderán ser declarados desertos se se considera que non alcanzan un nivel artístico mínimo.

Todos os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.
Cada obra optará a un único premio.

Ás persoas que resulten gañadoras na categoría de adultos/as seralles requirida a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  • Certificado orixinal da conta bancaria.

Obras

As persoas participantes non poderán vender directamente a súa obra ao público durante a celebración do concurso.

O Concello non se fará responsable da perda, roubo ou deterioro da obra.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello do Porriño.

O Concello reserva todos os dereitos de publicación e reprodución.

As persoas gañadoras do 1º premio non poderán volver participar nas dúas seguintes convocatorias.

A participación no concurso supón a total aceptación destas bases.


Publicidade

As presentes bases serán publicadas no taboleiro de anuncios municipal, na web ecultura.net e nas redes sociais do Concello do Porriño.


I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios


Cabecera-web-ecultura.png