Biblioteatro: “O Crebanoces”. Cía María Larraitz Urruzola

| Xoves 28 de xuño. 2018
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Biblioteatro: “O Crebanoces”. Cía María Larraitz Urruzola


O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado  para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños Clara e Fran. É un agasallo moi especial, un boneco crebanoces que se enfrentará á Raiña dos Ratos e levará a Clara ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.

O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros). Está dirixido a público familiar, de maneira que o disfrute será maior na medida en que acudan os nenos/as cos seus irmáns máis vellos ou coas nais e pais, tíos/as ou avós/as.
No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.


María Larraitz Urruzola

Larraitz é actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil e/ou familiar desde o ano 1989. De formación autodidacta e cun longo percorrido por varias compañías profesionais de teatro e títeres, destaca pola súa capacidade de conexión e comunicación co espectador. Domina varias técnicas de manipulación de títeres tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: Variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku… Ten versatilidade estética e variada tipoloxía da voz á hora de proxectar os seus personaxes. Como artista e animadora sociocultural, realiza talleres utilizando o xogo dramático como recurso para contribuír á formación integral do individuo.

“O Crebanoces”. Cía María Larraitz Urruzola



logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png