Celebración do 25 aniversario da Coral Agarimo de Torneiros

| Domingo 4 de outubro. 2020
| Ás 18:00 h.
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa

Celebración do 25 aniversario da Coral Agarimo de Torneiros

Celebración do 25 aniversario da Coral Agarimo de Torneiros, que estará acompañada nesta ocasión sinalada pola da Coral de Atios e a Coral Alborada da AVV. de Cabral.


CORAL POLIFÓNICA AGARIMO DE SAN SALVADOR DE TORNEIROS

A Coral Agarimo fundouse no ano 1995 como unha actividade propia máis da A.V.V. San Salvador de Torneiros (O Porriño).

Ofrece un repertorio variado de xéneros nas súas actuacións como habaneras, canción española, galega tradicional, panxoliñas, sacra e de outros temas.

Ademais de actuar na meirande parte dos concellos da provincia de Pontevedra, son de destacar as súas actuacións en moitos concellos das outras tres provincias galegas, na TVG e no Centro Cultural Caixavigo, así como en León e Portugal. Ademais acompaña Misas Solemnes, de festividades parroquiais e de outras cerimonias.

A Coral está sempre aberta a todas cantas persoas se sintan atraídas por esta actividade cultural, que fomenta a convivencia entre os veciños, poñendo por encima de todo a súa ilusión e o empeño en facelo ben, sendo membro asociado da Federación Coral Galega e colabora co Concello do Porriño e coa Deputación de Pontevedra.

Está formada por trinta e seis voces e dende o ano 2007, está dirixida por Don Rafael Pérez Dopeso.



Cabecera-web-ecultura.png