Desfile de comparsas

| Sábado 22 de febreiro de 2020. Sábado de entroido. Ás 18:00 h.
| Martes
 25 de febreiro de 2020. Martes de entroido. Ás 18:30 h.
| Mércores 26 de febreiro de 2020. Mércores de cinza. Ás 19:00 h.

Desfile de comparsas. Entroido 2020

A partir do 3 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2020, o prazo de inscrición pecharase o día 18 de febreiro.

O importe total de premios a repartir será de 13.950 euros, entre comparsas infantís e de adultos. O importe dos premios determinarase segundo o número de compoñentes da comparsa.

Segundo as bases da convocatoria  a orde de participación nos desfiles será por orde de inscrición.

As comparsas que aspiren aos premios de participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do sábado e martes de Entroido, e no acompañamento do enterro da Sardiña no mércores de cinza. Os percorridos de cada desfile tamén aparecen detallados na convocatoria.

BASES-DA-CONVOCATORIA-PUBLICA-DE-PREMIOS-AS-COMPARSAS-PARTICIPANTES-NO-ENTROIDO-2020

DOCUMENTOS-DE-INSCRICION-DAS-COMPARSAS


Percorrido do día 22 de febreiro, sábado de entroido: rúa Antonio Palacios, avenida Domingo Bueno, San Sebastián, rúa Manuel Rodríguez, rúa Ramón González, praza Arquitecto Antonio Palacios.

Percorrido do día 25 de febreiro, martes de entroido: do barrio de San Sebastián ata a praza Arquitecto Antonio Palacios.

Percorrido do día 26 de febreiro, mércores de cinza: praza Arquitecto Antonio Palacios, rúa Antonio Palacios, avenida Domingo Bueno, San Sebastián, rúa Manuel Rodríguez, rúa Ramón González e praza Arquitecto Antonio Palacios. Logo acompañamento da sardiña ao río Louro, da praza Arquitecto Antonio Palacios ata a Ponte do Valo.


Cabecera-web-ecultura.png