Festa Pre Fin de Ano 2016

| 30 de decembro. 2016
| A partir das 22:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

Festa Pre Fin de Ano

O Porriño despedirá 2016 este venres, día 30, cunha festa chea de luces e son que levará aos asistentes de volta aos anos 80.

A Festa de Pre Fin de Ano deste 2016 dará comezo ás 22:00 h. do venres, día 30 de decembro, previamente actuarán a Rondalla de Santa Eulalia de Atios e a Rondalla de Pontellas, que percorrerán as rúas da vila ata chegar ao centro.

Ás 10 da noite, na Carpa do Roxy empezarán as actuacións dos grupos e artistas que amenizarán a ‘despedida’ do ano ata as 3 da mañá. Iniciará a festa o grupo Broken Peach, que estará no escenario de 10 a 11 e media para dar paso ás badaladas de media noite e os ‘Lacasitos da sorte’, que farán as veces das tradicionais uvas na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Logo, e novamente na Carpa do Roxy, seguirán as sesións do DJ Charlie, que porá a música ao desfile e a visita de 25 personaxes que desfilarán pola pasarela de animación con vestiario deseñado e feito para a ocasión por unha empresa de O Porriño.

O Concello lembra que o aforo da carpa, que contará con 10.000 watios de luces e 15.000 de son, está limitado a 1.800 persoas e pide aos asistentes que acudan caracterizados coma si estiveramos aínda nos anos 80 do século pasado.


BROKEN PEACH

Máis info sobre Broken Peach na súa páxina web » ligazón externa


DJ CHARLIE

Máis info sobre DJ Charlie na súa páxina web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png