Monólogo: Miguel Lago

| 28 de setembro. 2016
| Ás 20:30 h.
Carpa do Roxy » ver mapa

Miguel Lago, o cómico que máis monólogos gravou para Paramount Comedy e famoso por interpretar a Don Luís no exitoso programa de Antena3 Televisión Curso del 63. Chega disposto a non deixar a ninguén indiferente e agora poderédelo atopar nos teatros co seu espectáculo Soy un Miserable (éxito de crítica e público).

É licenciado en filoloxía hispánica e autor do libro “Manual del cómico novato”.
Tamén formou parte do elenco protagonista do espectáculo “Prepárate Alemania. 3 cómicos sin prima ni riesgo” durante tres meses no Teatro Compac Gran Vía de Madrid.
Incorporouse a pasada tempada 2015 ao elenco do programa de televisión El Club De La Comedia (La Sexta).

Na actualidade leva o seu espectáculo “Soy un miserable” por toda a xeografía española. Así mesmo compaxina o seu show coa participación no espectáculo de directos Las Noches de El Club de la Comedia.

Máis información sobre Miguel Lago, na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png