Pregón do entroido, a cargo de Tony Lomba

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 10 de febreiro. 2018
| Ás 13:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Pregón do Entroido Tony Lomba. Concello do Porriño

O cantante, ‘crooner’ e showman Tony Lomba será o pregoeiro do ‘Entroido do Porriño 2018’.

O cantante, ‘crooner’ e showman Tony Lomba será o encargado de dar o pregón do Entroido do Porriño o vindeiro sábado, día 10 de febreiro, ás 13:00 h. na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Lomba, coñecido por ter sido integrante de grupos como ‘Unión Penosa’, ‘Los 3 Sudamaricones’ e ‘Tony Lomba & Elio dos Santos’, entre outros, domina coma poucos a música, de Raphael a Nino Bravo, de Marvin Gaye a Vicente Fernández ou de Rod Stewart á música lixeira italiana, unha autoridade á que suma a enerxía e a pegada que transmiten as súas actuacións en directo.

O ‘alter ego’ de Germán Fandiño, sinala que “é un grato pracer” de ser o pregoeiro do Entroido deste ano, “sobre todo porque gardo unha ligazón moi especial con Cans, onde teño unha familia adoptiva á que síntome moi vencellado…e que fai que poida dicir que síntome un fillo ‘puta-tivo’ do Porriño, escrito así: co guión no medio”.

Confesa que xa empézalle a bulir pola cabeza por onde irá o pregón e axiña deixa claro que non será algo corrente, “fareino excéntrico e cantando algunha canción de ‘Paquita la del Barrio’, coma ‘Rata de dos patas’…Paquita é una mexicana que sufriu un mal de amores moi grande e que canta rancheiras machacando aos tíos…e gustaríame cantar esta canción coma resposta ás agresións de xénero…amosando que hai mulleres moi fortes que poden enfrontarse a individuos destes e que espero que o día de mañá sexan todas…e tamén buscarei un xeito de cantar outra centrándome no Porriño… o que non vou facer, porque si algo sé é de cantar, é soltar un ‘megamonólogo’ porque eu son un pouco máis histriónico”.


Tony Lomba


Cabecera-web-ecultura.png