Teatro: Antía, Wamba e o regato pequeno

| Sábado 16 de decembro. 2017
| Ás 17:00 h.
| Entrada libre ata completar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Antía, Wanba e o regato pequeno


Un espectáculo da compañía de A Tropa de trapo.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar.

Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa : o río énchese de regatos pequenos.


Cartaz Antía, Wanba e o regato pequeno


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png