Teatro: Por catro perras

| Sábado 16 de setembro. 2017
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Por catro perras. Teatro inetable

Un espectáculo da compañía: Teatro Inestable.

Despois da experiencia de dúas series; unha “sit com” teatral “Defecto de forma” e unha parodia dunha narconovela “A Vinganza da Becha”, Teatro Inestable propón nesta ocasión afondar nas ferramentas do Teatro Comunitario.
A través da dramaturxia participativa, recolleron historias da memoria para pór enriba das táboas. Asi é como o público, vai transformarse nun público activo dramatúrxicamente e vai vivir a función social e transformadora da realidade que ten o teatro. Decidiron traballar con historias que están arredor dos anos 60, percuraron na veciñanza e na familia… a documentación precisa para as historias e tamén para a imaxe da montaxe, toda a dirección de arte está baseada nunha serie de época, con moitas licenzas poéticas pois a súa base principal é a memoria e non tanto a historia dos feitos.
“Por catro perras!”, pareceulles o título ideal para esta nova viaxe dos Inestables, non vola perdades.


Cabecera-web-ecultura.png