VI Montando Cristo Festival: You DOG!! + Calle del ruido + Spoonful + Mano de piedra

| Venres 27 de setembro. 2019
| Ás 22:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Montando Cristo Festival 2019


Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa sexta edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!
Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa



VI Montando Cristo Festival: You DOG!

You DOG!!

You dog!! é unha banda de rock alternativo de Vigo, que nace en 2009 e que parte das influencias do Grunge e do Stoner, entre outras influencias do 90’s.

En 2014 sacan o seu primeiro disco de estudo ” You dog!!”( Muu! Estudos 2014).
Este idéase como disco conceptual e narra unha viaxe de decadencia a través de atmosferas sórdidas e perversas. O disco, autoproducido grazas a unha campaña de crowdfunding, logra cultivar grandes críticas en medios nacionais especializados.

En marzo de 2017 empezan a gravar o seu segundo disco en Estudos Estereoarte e deciden enviar este traballo a masterizar aos estudos Golden Mastering de Ventura (California), da man do gran J.J. Golden ( Soundgarden, Calexico).

Before The Coma, de liñas moito máis stoner, supón unha aposta definitiva da banda cara á continua evolución dos seus sons, chegando mesmo a barallar tinguiduras que rozan o metal, dentro da amálgama de sons e influencias que tanto gusta á banda.

En 2018 e 2019 prodúcense os cambios de formación máis recentes coa incorporación de Alex García ( Xamahin) á batería, Gabriel McKenzie (Spoonful) á guitarra, e o máis recente, David Rodd (Jaguars) á guitarra.




VI Montando Cristo Festival: Calle del ruido

Calle del ruido

Calle del ruido é unha banda que fusionan Rock, Metal e sintetizadores co fin de crear un estilo persoal e difícil de clasificar, fundada a mediados de 2009 e orixinaria de Meis (Pontevedra). O seu está definido por letras combativas e intimistas, mesturadas con bases rítmicas potentes, retrousos melódicos e efectos dixitais.

O Grupo está composto por Tomy (Voz e Guitarra), Kike (guitarra), Sete (Baixo) e Gianfranco (Batería).

O seu primeiro disco “El principio del fin” grávano en 2015 nos estudos ourensáns de Mafia Estudos, de man de Óscar Fernández (Chichi). E este agora aterran co “Animal Salvaje Tour” no Montando Cristo Festival, despois dun ano cheo de actuacións entre España e Portugal.




VI Montando Cristo Festival: Spoonful

Spoonful

Spoonful, un power trio formado por rapaces do Morrazo e Vigo que mesturan o Blues do delta do Mississippi e a rabia do hard rock do 70’s.

Nace en 2014 e despois dunha demo e varios singles están a piques de presentar o seu primeiro longo, “Voodoo Ring”.

A formación actual liderada por Gabriel McKenzie á voz, guitarra e composición, consolidouse con experimentados músicos procedentes doutras bandas, Víctor Gómez na batería e Luisma Taboada ao baixo.

O cambio de formación coincide co salto da banda no 2016, realizando a primeira xira pola península, a súa presenza en diversos festivais chegando a ser finalistas ou gañadores de varios concursos musicais como o Rock in Rio Tea, Musica Xove Emerxente, MusiCangas, etc…



VI Montando Cristo Festival: Mano de piedra

Mano de piedra

Mano de Piedra fórmase a finais de 2016 con músicos provintes de recoñecidas bandas galegas, confluíndo nunha amálgama de influencias en grao sumo diversas: stoner, hardcore, metal, hardrock, crust…

A banda compóñena Nano Galez (guitarra e voces), David Durán (batería e voz principal), Fran Álvarez (baixo e coros) e Mano García (guitarra e coros).

O son da banda poderíase definir como cru, pesado, directo e distorsionado, a sensación é a de estar a cruzar un fangoso pantano, con lodo e barro ata os xeonllos. O seu son, arrastrado e pegañento, engánchache desde a primeira escoita.

En decembro de 2017 autoeditan o seu primeiro traballo en formato EP dixital como carta de presentación.

Os directos da banda destacan pola súa intensidade de principio a fin, por facer vibrar a todo o público e conseguir contaxialo coa súa enerxía, están abalados polas táboas de músicos con máis de 20 anos pisando escenarios de toda a península.


 


VI Montando Cristo Festival


Cabecera-web-ecultura.png