| 25, 26 e 27 de agosto. 2017
| Praza de San Sebastián » ver mapa
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, 26 e 27 de agosto, as Festas de San Sebastián.
Venres, día 25 > Exposición de fotos do Porriño Antigo e, dende as 9 e media, proxección de fotos e Cine na rúa.
Sábado, día 26 > Gran Sardiñada a un prezo de 2,50 € a ración, con pan e bebida. Festa da Espuma, a partires das 5 e media da tarde, todo amenizado polo grupo ‘Marena’.
Domingo, día 27 > Actos relixiosos que empezarán ao mediodía, seguirá a procesión ata a Capela do Santo, para rematar co reparto de rosca. O punto final chagará, ao son do grupo ‘Sabor’, coa tradicional Queima da Fachada e Fogos Artificiais, ás 11 e media da noite.