| Domingo 27 de decembro. 2020
| Ás 19:00 h.
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| MUSIGAL 2020 – Deputación de Pontevedra
| Aforo limitado
| Prazo de inscrición: do luns 14 ao luns 21 de decembro de 2020
INCRICIÓNS PARA A ASISTENCIA
Enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@oporrino.org e aportando os seguintes datos:
- Actividade na que vai participar
- Nome e apelidos da persoa asistente ao evento
- Teléfono de contacto
Prazo de inscrición: do luns 14 ao luns 21 de decembro de 2020.
A inscrición farase por orden de chegada do correo electrónico.
Un espectáculo de Queiman e Pousa que mostra a fusión musical e poética con voces e danzas e que pon en valor o rico patrimonio galego.
“Falar de Galicia é falar dunha terra de poetas, escritores e folcloristas que contribuíron a manter viva a nosa cultura, a nosa lingua e as nosas tradicións”.
“Amantes da Terra” foi concibido como un espectáculo contemporáneo para homenaxear os intelectuais galegos, entre os que está moi presente resaltar a labor da Xeración Nós.
Domingo Fontán, Rosalía de Castro, Castelao, Ricardo Carvalho Calero, Alexandre Bóveda, Perfecto Feijoó e tantos outros son tamén o eixe deste espectáculo, que pretende ser unha homenaxe tanto aos persoeiros galegos como ás tradicións e ao folclore da nosa terra.
A compañía galega de espectáculos musicais e eventos Queima e Pousa créase e fúndase en 2014 a través da fusión do actor Bruxo Queiman e a cantante Andrea Pousa, co fin de que o público atope nos seus espectáculos unha identificación coas súas raíces e tradicións xa que, aínda que ancoradas no pasado, atópanse en constante evolución creativa. O fin desta compañía é potenciar un lecer e cultura a través da calidade escénica, a poesía artística, a música tradicional fusionada con outras ramas musicais e demais recursos expresionistas que contribúen ao desenvolvemento da cultura e en xeral á potenciación da arte en múltiples facetas.