| Dende o luns 23 ao mércores 25 de outubro. 2023
| Centro Cívico » ver mapa
A Escola Municipal de Música do Porriño retomará a súa actividade no edificio do Centro Cívico, sito na avenida Domingo Bueno.
Dende o luns 23 ao mércores 25 de outubro, a partir das 16:00 horas, formalizaranse as matrículas e reservas dos horarios na sede da Escola Municipal de Música (Centro Cívico). Os días 23 e 24 están destinados ao antigo alumnado con preinscrición e o día 25 para o novo alumnado con preinscrición.
As listaxes co nome, día e hora do alumnado preinscrito estará exposto na porta do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o venres día 20.
Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.
O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 19:00h do mércores 25, sempre e cando queden prazas dispoñibles.
A Escola Municipal de Música do Porriño oferta: música e movemento para nenos dende os 4 anos, linguaxe musical para todas as idades e especialidades instrumentais de violín, viola, violoncello, óboe, frauta traveseira, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, gaita, canto, piano, guitarra, percusión e percusión tradicional. Así tamén conta con diversas agrupacións como a coral infantil, coral polifónica, grupo de música tradicional, orquestra de corda, banda; e, desde este ano, tamén se impartirá banda infantil.
As clases comezarán o xoves 26 de outubro.
ANEXO: PROTOCOLO PARA REALIZAR A MATRÍCULA
- As matrículas realizaranse en intervalos de 5 minutos. Rogamos a máxima puntualidade. Cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, non poderá ser atendida/o.
- Preferentemente entrará a formalizar a matrícula unha única persoa por estudante. No caso de familias con varios membros, recomendamos que sexa unha única persoa representante a que formalice a matrícula.
- É recomendable que leven anotadas diversas opcións de horarios para axilizar o proceso da matrícula.