Verbena: grupo Alkar e orquestra Panorama

| Luns 25 de setembro. 2023
| Ás 21:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios e rúa Domingo Bueno

Verbena: grupo Alkar e orquestra Panorama


Grupo Alkar

Grupo Alkar

A historia do grupo Alkar remóntase ao ano 1969, unha época dourada no que a grupos e orquestras da verbena galega refírese. Por aquel entón era normal que os músicos desempeñasen traballos paralelos á música e é aquí onde cinco músicos da zona de Portonovo e Sanxenxo deciden formar un grupo de verbena. Como os seus traballos paralelos eran de albaneis e carpinteiros decidiron poñerlle ao grupo o nome de Alkar.

Desde os primeiros anos o grupo foi gañándose unha boa reputación polo seu bo facer, repertorios alegres e gran dinamismo, virtudes que hoxe en día consérvanse.

Durante estes anos de historia pasaron de cinco a sete compoñentes. Actualmente a súa estrutura consta de tres cantantes, catro instrumentistas e técnico de son.



Orquestra Panorama

Orquestra Panorama

Falar de Panorama é facelo dunha das orquestras con máis historia e maior protagonismo na continuidade da verbena e da súa evolución ata a que hoxe coñecemos, con momentos nos que a súa innovación foi unha auténtica revolución que fomentou a modernización do resto de formacións.

Orquéstra Panorama fixo a súa primeira actuación o día de Nadal de 1988, no municipio do Rosal, ata o que os seus oito compoñentes masculinos desprazáronse nunha furgoneta xunto a un equipo de son. O letreiro co seu nome foi pintado no momento e foi secando mentres a orquestra tocaba e o público bailaba.

A chegada de Manuel Garrido ‘Lito’ á dirección artística da formación, en 1993, supuxo unha auténtica revolución para a verbena, apostando pola innovación no seu espectáculo (onde os bailaríns e outros artistas tomaron un importante protagonismo) e no seu repertorio, así como no que á iluminación e o son refírese.



Verbena: grupo Alkar e orquestra Panorama


Cabecera-web-ecultura.png