| Xoves 26 de setembro. 2019
| Ás 22:00 h.
| Parque do Cristo » ver mapa
Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa sexta edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!
Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa
Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute
Bakintaun son a “previa” do VI Montando Cristo Festival e se falamos de Bakintaun, debemos falar tamén de Thin Lizzy, unha das bandas máis importantes da historia do rock e que, inexplicablemente, non foi tratada como se merece polo gran público. Por iso, os cinco integrantes de Bakintaun Thin Lizzy Experience, Manu EDS (voz), Iván Fornos (Guitarra), Rafael Paso (Guitarra), Javi Franco (Baixo) e Adrián Salgado (Batería) buscan, desde o respecto e a admiración, render tributo a unha das bandas co selo máis persoal da historia do rock and roll.
O obxectivo é pasalo ben e facer gozar á xente do legado musical de Thin Lizzy.