Espectáculo de maxia: “Hocus Pocus”, do Mago Paco

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Martes 20 de novembro. 2018
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

O Mago Paco

“Espectáculo diseñado y creado para l@s niñ@s en los que disfruta toda la familia”.

 

O Mago Paco é Fran Otero, dedícase á maxia case por casualidade, xa que o seu traballo como animador infantil levoulle a empregar o recurso da maxia, un mundo que lle apaixona. Esa arte escénica xunto co teatro dirixiron a súa traxectoria laboral e artística, formándose con algúns dos mellores mestres en distintas artes escénicas como teatro, maxia cómica, clown, monicreques, expresión corporal e maxia infantil.

Especializouse na categoría de maxia infantil, sendo un dos poucos magos galegos especialista nesta rama tan marabillosa da maxia. As nenas e nenos son o seu público favorito, por ese motivo os seus espectáculos caracterízanse por unha mestura de varias artes escécinas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario. Ademais, en todos eles priman a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público, transformando cada espectáculo en algo irrepetible, cheo de momentos únicos.

En Hocus Pocus público poderá xogar, rir, saltar, actuar…. formando parte activa dun fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e cargado de momentos ilusionantes, divertidos, tolos, emotivos… inesquecibles.


HOCUS POCUS


Cabecera-web-ecultura.png