Día Universal da Infancia. Pleno infantil

| Martes 20 de novembro. 2018
| Ás 11:00 h.
Salón de plenos do Concello » ver mapa
| Entrada libre ata completar aforo

pleno-infantil

O Día Universal do Neno é unha celebración anual dedicada á fraternidade e á comprensión da infancia do mundo e destinado a actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos nenos, é celebrado en varios países en diferentes datas. A Organización das Nacións Unidas celébrao o 20 de novembro de cada ano e serve para lembrar que os dereitos da infancia están ratificados pero non garantidos.

A orixe desta celebración a nivel global remóntase á Primeira Guerra Mundial, conflito de escala masiva que cambiou gran parte dos paradigmas sobre a guerra entre nacións, os avances tecnolóxicos, a suposta gloria do combate e as súas consecuencias sobre a poboación civil.

De 1914 a 1918, decenas de nacións enfrontáronse en combate aberto en distintos puntos do globo. De Europa ás areas de Medio Oriente, a guerra afectou non só aos exércitos, senón tamén aos habitantes de todas as cidades e pobos que de súpeto se viron mergullados no conflito.

Foron os miles de nenos e nenas que sufriron os estragos dos avances nas tecnoloxías bélicas, a inspiración para que a Sociedade de Nacións, o organismo precursor á Organización das Nacións Unidas (ONU), comezase a tomar en conta os dereitos dos nenos, non só nas guerras, senón nos tempos de paz.



Cabecera-web-ecultura.png