Espectáculo familiar: Galiña Azul

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Domingo 24 de setembro. 2017
| Ás 22:30 h.
| Carpa do Roxy » ver mapa

A galiña azul. Tantaxina. Festas do Cristo 2017. O Porriño

Un espectáculo da compañía Tanxarina.

A galiña azul que propón Tanxarina combina traballo actoral con monicreques, unha combinación marca da casa nunha compañía das máis veteranas de Galicia. En escena combínanse técnicas de manipulación de bonecos, a cargo de Pablo Giráldez Pastor, creador dos mesmos; e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán.

Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.


A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón  converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego  tanto dentro como fora de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

TANXARINA TÍTERES ten presentado os seus traballos nos máis importantes Festivais de teatro de títeres: Segovia, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alicante, Sevilla… Moitas son as cidades visitadas polos seus  monecos que tamén  pasearon  por Portugal, Grecia, Austria, Bélgica, Francia, Italia, El Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia, Arxentina, Brasil, Guatemala, México…

Info extraída da páxina web de Tanxarina » ligazón externa
Máis info sobre Tanxarina no seu perfil de Facebook » ligazón externa

A galiña azul. Tanxarina


Cabecera-web-ecultura.png