Exposición “Proxecto táctil”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Dende o 30 de novembro ao 29 de decembro. 2017
| De luns a venres, de 8:30 a 20:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Proxecto tactil. O Porriño

A exposición conta cunha serie de obras e pezas creadas por varias artistas con diferentes materiais e dirixidas especialmente ao público invidente ou con deficiencias visuais. As persoas videntes tamén están convidadas e facilitaráselles un anteface para gozar da experiencia.

Tomando o relevo de Tactilicia, que convidaba aos estudantes a crear obras para persoas invidentes, obras que fosen percibidas a través do tacto, nace agora Proxecto Táctil, unha exposición para a que foron seleccionadas as creacións de dez alumnas da Facultade de Belas Artes e da Escola de Moda Esdemga: Laura Álvarez, Andrea Domínguez Torres, Mari Luz Feijóo, Alejandra Lago, Loaira Peres, Pilar Picas, Yolanda Ríos, Irene Romero, Anabel Santos Leites e Renata Sierra.

A exposición que chega a O Porriño grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra e conta tamén coa colaboración do Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE.


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png