II Feira do Pan do Porriño

| 02 e 03 de xuño. 2017
Parque do Cristo » ver mapa

II Feira do Pan do Porriño


PANADERÍAS PARTICIPANTES NA FESTA: Argibay, Chinchina, Troca, Erundina, Muiño de Mosende, Progreso, Torneiros e Amaquía.

Durante os días 2 e 3 de Xuño, o pan será o protagonista comezando cunha xornada sectorial sobre pan e panadería  en temas como emprendemento, o pan como elemento de saúde, as fariñas tradicionais ou a formación no sector, para logo pechar esta xornada inaugural cun video que baixo o título “Panadeiros do Porriño: paixon e tradición”, quere rendir homenaxe a labor destes artesáns. Esta xornada será tamén o intre no que se presentará públicamente a etiqueta “Pan do Porriño”, que nas vindeiras semáns, aparecerá no pan certificado das panaderías participantes no Consello Regulador do Pan do Porriño.

O sábado será o día grande da Feira. Dende as 10 da mañá, os postos estarán abertos. As 11 un pasarúas da banda de Música de Valladares rematará cun concerto na praza do Cristo onde interpretarán o “Pasodoble Porriño” do compositor Rogelio Groba, e de seguido, o pregón da festa ao que seguirá o Show Cooking de maridaxe de productos con pan do Porriño, que esta ano correrá a cargo de alumnos da escola EFA A Cancela de As Neves.

A tarde terá como protagonistas aos máis pequenos coa celebración do IIª Mini Pan, un obradoiro de pan gratuito para nenos e nenas que este ano se realiza co apoio da empresa Muiño de Cuiña, unha das empresas que produce unha das mellores fariñas “páis” de Galicia. De seguido, terá lugar unha Master Class de panadería para todos aqueles que queiran coñecer cómo se fai pan do Porriño e algún outro produto de panadería. A feira pechará as súas portas coa actuación do grupo de teatro Circo Chosco coa obra “Forzu2”.

A feira contará tamén con actividades para nenos e por primeira vez cunha zona de Food Trucks, neste caso, coa presenza de “A Pulponeta”. As marcas convidadas para maridar co pan, nesta ano son : Bodegas Eidosela, Mermeladas  Carabuñas, Xamón de Castaña de Coren, Embutidos e Queixos Distapor, Conservas de Peixe Espada de Orpagu, Lamprea de Obrador de Lamprea, Requesón e Mel de As Neves, Mel de Apli Roma e Cervexas Artesanais “A Curuxa”. Para os visitantes, habilitaranse mesas para poder xantar na propia feira.


Organizan: ACIPOR e Asoc. de Panadeiros do Porriño
Info extraída do blogue do Pan do Porriño » ligazón externa


Programación da II Feira do Pan do Porriño


[ SUBIR ]


"</p