QUEROeco

| Luns 25 e martes 26 de febreiro. 2019
| De 11:00 a 20:00 h.
Pavillón e arredores do CEIP Fernández López » ver mapa

QUEROeco

A OMIX do Concello do Porriño organiza o vindeiro 25 e 26 de febrerio do 2019 en horario ininterrumpido de 11:00 a 20:00 h., a actividade QUEROeco – Cultura Urbana co Medio Ambiente – enmarcada dentro do programa de actividades de apoio, para a posta en marcha do plan de infancia e adolescencia do Porriño.

Para a realización de dita actividade utilizaráse como mural, un lateral do Pavillón do CEIP Fernández López e arredores.

QUEROeco, é unha experiencia innovadora que pretende achegar á xuventude, diferentes mensaxes positivas sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de ocio respetuosas co medio natural (Cultura Urbana), baixo unha metodoloxía que promove prácticas inclusivas e responsables para a ocupación do tempo de lecer. Neste proxecto levaremos a cabo a elaboración dun Mural Artístico Ecolóxico Colectivo (utilizando pintura fotocatalítica antipolución).


  1. Realización dun Mural Antipolución de aprox. 12 m2 con temática ecolóxica. Esta actividade permite que mozas e mozos de 12 ou máis anos, dos centros de ensino do Porriño, poidan colaborar na realización dunha parte do mural.
  2. Gravación dun documental do proxecto con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto, aos veciños e participantes.
  3. Creación dun portal web, ao que podrase acceder escaneando un código QR que estará pintado sobre o mural. Na web colgarase o documental do proxecto, fotografías e información sobre a iniciativa e sobre cómo funciona a pintura antipolución.

Obxectivos

  • Implementar actividades alternativas (Cultura Urbana) dirixidas á xuventude en novos espazos para aproveitar os recursos e infraestructuras existentes. Aplicación da metodoloxía das 3 “R” (reutilizar, reducir e reciclar).
  • Alimentar a capacidade artístico-experesiva innata da mocidade a través da súa participación activa nas actividades programadas.
  • Crear ambientes inclusivos que faciliten a expresión creativa individal e colectiva, dando a coñecer proxectos de ocio que promovan a responsabilidade no coidado do medio natural.


QUEROeco

QUEROeco

Amplía as imaxes pulsando sobre elas


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png