Video-chamada de Whatsapp das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ás nenas/os do Concello do Porriño

| 30 e 31 de decembro
| Inscricións do 25 de novembro ao 29 de decembro. 2020

Video-chamada de Whatsapp das Súas Maxestades os Reis

Este ano será máis fácil que nunca que os nenos e nenas vexan aos Reis Magos, só terás que seguir estes sinxelos pasos:

  1. Entra na web www.nadal2020.es, atoparás un apartado chamado «Rexistro». Nel deberás marcar o concello ao que pertences, O Porriño.
    *De non dispoñer dun número de teléfono con whatsapp, ponte en contacto cos Reis desde o apartado «Contacto» da mesma páxina e chamarante canto antes.
  2. Unha vez marcado o concello (O Porriño), segue os pasos necesarios para inscribir ao neno ou á nena. Lembra que podes comentar algo que consideres importante para que os Reis Magos o lembren antes de falar co/a pequeno/a.
  3. Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora, lembra que: Terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada. Se por casualidade non fose posible contactar contigo porque o teléfono nese momento está apagado ou fóra de cobertura, tentarano de novo ao finalizar a xornada.
    É posible que os Reis sufran algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalles falar.

Lembra que o prazo de inscrición é desde o día 25 de novembro ao 29 de decembro, na páxina web www.nadal2020.es



Video-chamada de Whatsapp das Súas Maxestades os Reis


Cabecera-web-ecultura.png