Festas de San Bieito 2022

| Do 9 ao 11 de xullo. 2022
Barrio de San Bieito » ver mapa

Festa de San Bieito 2022. Concello do Porriño

O Concello do Porriño celebra esta fin de semana unha das súas festas patronais: as Festas de San Bieito.

A programación arrancará o sábado 9 de xullo, a partir das 21 h, coa verbena a cargo do Grupo Trópico, a Orquestra Ritmo Joven e a sesión de DJ Samu Pexe. A música continúa o domingo 10 de xullo (20:30 h) da man do Grupo Os Zoquieros, Antonio Barros, Dos pájaros y un trío e a sesión dj de Khris Guez.

O luns 11 de xullo, o día grande das festas, chega cargado de actividades. Ás 12 horas comezará a misa na honra a San Bieito seguida da procesión, amenizada pola Agrupación Musical do Porriño.

Xa pola noite, a partir das 20:30 h, pasarrúas e concerto do grupo Asubío, verbena a cargo do Grupo Distrito 7 e Orquestra Charleston Big Band. Pechará a sesión Dj Pitty.

Os máis pequenos poderán disfrutar tamén da festa da auga, inchables e animación infantil o domingo e o luns.


FESTAS DE SAN BIEITO 2022


Grupo Trópico e Orquestra Ritmo Joven + DJ. Samu Pexe

Sábado 9 de xullo • A partir das 21:00 h • Barrio de San Bieito


Concertos: Os Zoqueiros, Antonio Barros e Dos pájaros y un trio + DJ. Khris Guez

Domingo 10 de xullo • A partir das 20:30 h • Barrio de San Bieito


Grupo Asubío, Grupo Distrito 7 e Orquestra Televisión Orquestra Charleston Big Band + DJ. Pitty

Luns 11 de xullo • A partir das 20:30 h • Barrio de San Bieito


Novenas na honra de San Bieito

Do 2 ao 10 de xullo • Ás 20:00 h • Igrexa Maior Santa María do Porriño


Misas na honra de San Bieito

  • Luns 11 de xullo • Ás 9:00 h • Capela de San Bieito
  • Luns 11 de xullo • Ás 10:00, 12:00 e 20:00 h • Igrexa Maior Santa María do Porriño
  • A misa das 12:00 h con procesión, amenizada pola Agrupación Musical do Porriño

Festa de San Bieito 2022. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png