ACTUALIZACIÓN: cambio de localización por previsión meteorolóxica adversa
| Domingo 26 de setembro. 2021
| Ás 19:30 h.
| Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal Pavillón do Colexio Fernández López » ver mapa
| Aforo limitado
Un Espectáculo da Compañía Su.Ma. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.
Espectáculo de danza-circo 360° de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.
Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir? A erguerte cada día como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso? Cal é o teu Ikigai?
Dúas grandes artistas galegas, Sue Moreno e María Move, crean SU.MA para abordar o seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).
SU.MA nace como unha compañía de circo contemporánea que mestura disciplinas e linguaxes sonoras e estéticas para todos os públicos.