Biblioteatro: “Muiñada”. Cía Galeatro

| Xoves 31 de maio. 2018
| Ás 18:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Muiñada. Cía. Galeatro

A Compañía de Teatro Galeatro nace en Carballo no 2013 co fin de achegar aos espetadores as figuras máis relevantes das letras galegas. Galeatro fórmano dous licenciados en Arte Dramático, Alba Bermúdez e Tone Martínez; e Jorge López, un mestre especialista en educación musical.

Muiñada conta a historia dun mozo e unha moza que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer o mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia do século XX; o muíño de auga.

 Muiñada é unha viaxe ó pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.



Cartel Muiñada. Cía. Galeatro


logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png