Cinemaldea 2023

| Días 5, 11, 12, 18, 19 e 26 de novembro, e 3 de decembro. 2023
| Parroquias do Concello do Porriño
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Cinemaldea 2023

Organiza: Concello do Porriño | Promove: Asociación Cultural Arela


O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.

É o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta idea que busca achegar o cine e as novas e novos creadores ás parroquias rurais que habitualmente non teñen acceso ao cinema.

O Concello do Porriño convidou de novo a todas as asociacións que o desexasen, a formar parte da terceira edición de Cinemaldea. En total sete foron as asociacións culturais e veciñais do Concello do Porriño que se sumaron. As proxeccións arrancarán o domingo 5 de novembro e continuarán durante as fins de semana ata o 3 de decembro.

Todas as proxeccións serán de acceso gratuíto ata completar o aforo.


Proxeccións

  • Asociación Cultural A Lagoa de Orbenlle:
    Domingo 5 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural Os Penediños de Atios:
    Sábado 11 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural de Pontellas:
    Domingo 12 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación Cultural e Veciñal As Mimosas de Carracido
    Sábado 18 de novembro, ás 20:30 h
  • Asociación Cultural San Xurxo de Mosende:
    Domingo 19 de novembro, ás 18:00 h
  • Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros
    Domingo 26 de novembro, ás 17:00 h
  • Asociación Cultural de Cans:
    Domingo 3 de decembro, ás 17:00 h

Cinemaldea 2023


Cabecera-web-ecultura.png