Danza contemporánea: Canela

| Xoves 23 de setembro. 2021
| Ás 20:00 h.
Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo limitado

Danza contemporánea: Canela. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Un Espectáculo da compañía Laboratorio Escénico Danza. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Sempre presente, sempre honesta, afrodisíaca e aromática, canela esperta os teu sentidos, transportándote moi lonxe, ás terras das esmeraldas. Ela é “Canelita en rama”.

A peza Canela é o resultado dun proceso de creación que comezou cunha convocatoria na procura de Artistas de Danza Urbana, co obxectivo da creación dunha peza profesional de Danza Urbana/Experimental. Con esa iniciativa, procurouse respectar a esencia colectiva da danza, e que as/os bailarinas/íns formasen parte dunha compañía con 8 intérpretes, baixo unha dirección e asesoramento coreográfico. O propio proceso de creación da peza xa foi unha grande experiencia de aprendizaxe, xa que hoxe en día non é doado atopar compañías profesionais con ese número de intérpretes, polo tanto, non é habitual vivir a experiencia espacial e conceptual de seren parte dun colectivo.


A equipa

Despois dun proceso de selección, son 8 intérpretes as/os que entran a formar parte do proxecto: Jaimi Neves, Irene Varela, Noelia López, Samuel Galán, Diana Monserrat, Myriam González, Lucía Vázquez e Sara Tréllez. Os 8 teñen linguaxes moi distintas de movemento, dentro da danza urbana profesional (Hip hop, Danza Experimental, Jazz, Locking, Popping, Breaking, Waacking…). O resultado é unha fusión de linguaxes dunha grande calidade.



Danza contemporánea: Canela. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Patrocinio_Concello_Xunta_Xacobeo

Cabecera-web-ecultura.png