Día Europeo da Información Xuvenil 2024

| Mércores 17 de abril. 2024

Día Europeo da Información Xuvenil 2024

OMIX do Porriño


O 17 de abril celébrase en Europa o Día Europeo da Información Xuvenil, coa finalidade de concienciar a poboación sobre as necesidades de información da mocidade, como unha ferramenta fundamental na súa emancipación e pleno desenvolvemento.

A efeméride pretende visibilizar o labor realizado polos Servizos de Información para Persoas Mozas en toda Europa.

O Día Europeo da Información Xuvenil foi declarado pola Axencia Europea da Información e o Asesoramento Xuvenil (ERYCA) e o Instituto da Mocidade de España (INJUVE) no ano 1983.

Con el preténdese fomentar o pleno acceso aos mozos e mozas a toda a información de maneira obxectiva, veraz, útil e oportuna; que lles permita enfocarse no logro dos seus proxectos de vida, así como procurar a súa participación activa na sociedade.

En España hai máis de 3.000 centros que forman a Rede de Servizos de Información Xuvenil (SIJ), en Galicia a través das OMIX (Oficinas Municipais de Información Xuvenil, como a do Porriño).


A nosa oficina

A nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil, co nº de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil, é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servizos de información directamente aos mozos e mozas do Concello do Porriño e contorna.

Ofrecemos á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal, prestando un servizo de atención e asesoramento informativo a través de taboleiros de anuncios, expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de Atención Individualizada (presencial, telefónico e por correo electrónico).

Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, talleres e actividades dirixidos ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.

Temos a disposición da mocidade, información de interese en temas como:

  • traballo e formación (recursos para a procura, ofertas…).
  • vivenda (axudas, aloxamento para estudantes…).
  • voluntariado, participación e cooperación (local, internacional, recursos para asociacións…).
  • actividades culturais e deportivas, e inscricións a campañas e programas para mozos.
  • excursións, viaxes, exposicións, campamentos, talleres, convocatorias de concursos…
  • información do Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor/a, Carné Internacional Mozo, Carné de Alberguista, Carné Xove…
  • e moito mais…

Instalacións

Centro Cultural Municipal do Porriño (planta baixa)
Domingo Bueno, 9. O Porriño


Atención ao público

Luns e martes de 14 a 20 horas. Mércores, xoves e venres de 9 a 15 horas


Info de contacto

986337624 (Ext.: 1)
omix@oporrino.org
Facebook


OMIXCabecera-web-ecultura.png