Encontro de Corais Cantos de Nadal

| Venres 23 de decembro. 2022
| Ás 19:00 h
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Encontro de Corais Cantos de Nadal


Coral Agarimo da Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros

Coral Agarimo, da Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros

A Coral Agarimo fundouse no ano 1995 como unha actividade propia máis da A.V.V. San Salvador de Torneiros (O Porriño).

Ofrece un repertorio variado de xéneros nas súas actuacións como habaneras, canción española, galega tradicional, panxoliñas, sacra e de outros temas.

Ademais de actuar na meirande parte dos concellos da provincia de Pontevedra, son de destacar as súas actuacións en moitos concellos das outras tres provincias galegas, na TVG e no Centro Cultural Caixavigo, así como en León e Portugal. Ademais acompaña Misas Solemnes, de festividades parroquiais e de outras cerimonias.

A Coral está sempre aberta a todas cantas persoas se sintan atraídas por esta actividade cultural, que fomenta a convivencia entre os veciños, poñendo por encima de todo a súa ilusión e o empeño en facelo ben, sendo membro asociado da Federación Coral Galega e colabora co Concello do Porriño e coa Deputación de Pontevedra.

Está formada por trinta e seis voces e dende o ano 2007, está dirixida por Don Rafael Pérez Dopeso.



Coral Polifónica San Roque de Vigo

Coral Polifónica San Roque de Vigo

Esta Coral nace por iniciativa de Dna. Isabel Prado Davíla, muller cunha gran paixón pola música e a arte en xeral e que tamén colabora con diversas asociacións da cidade. Esta formación coral comezou os seus ensaios o 10 de outubro de 2012, na AA.VV. O Monte da Mina de Castrelos e a súa primeira actuación en público tivo lugar no salón de actos da devandita AA.VV. o 29 de decembro do mesmo ano 2012, sendo apadriñada pola Coral Polifónica San Mamede de Zamáns (Vigo).

A Coral Polifónica San Roque de Vigo está formada por 63 voces mixtas e está dirixida dende a súa fundación por D. Rafael Pérez Dopéso, sendo él, xunto a Dna Isabel, un dos fundadores desta agrupación.

Esta Coral segue realizando os seus ensaios e os seus festivais no auditorio da aa.vv. Monte da Mina de Castrelos.

O Coro organiza 4 festivais ao longo do ano. O Festival da Primavera, Festival de Verán e Festival de Outono, (aniversario), dende 2018, tamén organiza o Festival Galicia Canta, no mes de xuño, cunha Coral de cada Provincia Galega, nos anos 2020 e 2021, non se puido facer por o COVID, retomando no 2022. Tamén participa nos certames de Habaneras e Polifonía “Ao son das Illas Cies”, Letras Galegas, Homenaxe a Rey Rivero e outros festivais organizados durante o ano pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, A.C.O.P.O.V.I.

En xuño de 2014 realizou a súa primeira saída da Comunidade Autónoma, sendo convidada a participar no XI Ciclo Coral Virxe da Consolación en San Felices de Buelna (Cantabria). En abril de 2015, ademais das actuacións realizadas pola xeografía española e portuguesa, acompaña a Santa Misa, celebrada na Capeliña da Virxe de Fátima en Portugal. Nos anos 2016, 2017, 2018, a Coral San Roque, actuou en Galicia, León, Asturias, e en varios puntos de Portugal, etc.

En 2019 gravou o seu primeiro CD, tamén actuou no programa Luar, na TVG, e realizou unha viaxe a Praga (República Checa) do 1 ao 4 de agosto, con motivo do Festival Mundial de Coros, (Encontro Coral Adviento). No 2020 e 2021, anos da pandemia, fixo actuacions en Vigo e Coruña.

En este mes de Outubro estuvo dende o 8 a o 12 en Valencia, facendo 2 concertos de intercambio Cultural. En este ano celebraron o X Aniversario.

Dirixida por: D. Rafael Pérez Dopéso


Encontro de Corais Cantos de Nadal


Cabecera-web-ecultura.png